Ata o 24 de xuño poderá visitarse na Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira a exposición "Os traballos de Hércules. Colección de gravados dos fondos académicos", mostra comisariada por José Ramón Soraluce Blond e organizada pola da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA). Esta mostra patrocinada pola Xunta de Galicia inaugurouse onte no marco dos actos programados co gallo do 175 Aniversario da fundación da Academia. Na inauguración participou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; o presidente da Fundación do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, Luis Antonio Pérez Barral, e o comisario da exposición.
Por esta celebración a Academia busca chegar a toda Galicia mediante, entre outros actos e actividades, esta mostra itinerante que comeza en Ribeira o seu percorrido amosando unha parte da súa Colección de Gravados, a referida aos Traballos de Hércules da colección de 16 gravados orixinais sobre "Os Traballos de Hércules", copiados da serie de pinturas que o artista italiano Luca Giordano realizou para Carlos II no Casón del Buen Retiro de Madrid. Os frescos foron restaurados no S.XVIII polo pintor José del Castillo e copiados en cadros ao óleo, conservados na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. A partir destes óleos creáronse os gravados para a CalcografÃa Nacional, que son os que se atopan na Colección de Gravados propiedade da Real Academia Galega de Belas Artes. Trátase dunha serie temática sobre o encargo mitolóxico que se fixo a Hércules de doce aventuras, entre as que se atopa a que se desenvolveu en Galicia, do enfrontamento a matar co rei Xerión, para quitarlle o rabaño de bois que arrebatara aos campesiños da rexión. Hércules derrotou a Xerión na Coruña e sobre os seus restos construÃu a Torre de Hércules, segundo a mitoloxÃa.