O pazo de San Roque de Compostela acollÃa este 16 de xuño o acto de ingreso de César Portela como membro numerario da Real Academia Galega de Ciencias na sección de Ciencias Técnicas. O catedrático de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior e Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC) leu o seu discurso de ingreso co tÃtulo A boa arquitectura cabalga ao unÃsono entre a arte e a ciencia, que foi contestado por Pedro Merino.
A intervención de Merino incluÃu unha glosa sobre o perfil no novo membro, de quen destacou a importancia da súa obra, que abrangue máis de trinta vivendas públicas e privadas, edificios administrativos, culturais e institucionais, e a creación, restauración ou remodelación de espazos públicos. "As rehabilitacións das casas reitorais de MarÃn e Pazos de Arenteiro en Boborás, os mercados e lonxas municipais de Bueu e Ribeira, os consistorios de Pontecesures, Cesuras, Forcarei e Brión, os edificios multiúsos e casas de Cultura en Vilalba, Cangas do Morrazo, Brión, VilagarcÃa, Ponte Ledesma e Meira, e as rehabilitacións das pousadas en cabo Fisterra e Allariz, son exemplos moi valiosos dunha arquitectura dotacional que abrangue desde os primeiros anos 70 do século pasado, ata os nosos dÃas", lembrou. "Funcionalidade, beleza, orde, medida e compromiso social fan de César Portela un referente da arquitectura contemporánea", continuou. Canda ao seu labor como creador, destacou tamén o seu traballo docente na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
A intervención de Portela reflexionou sobre a propia idea da arquitectura e a súa relación coa ciencia. "Os arquitectos non podemos limitarnos sinxelamente a soñar. Temos tamén que construÃr, que materializar os nosos soños empregando para iso materiais que debemos coñecer, escoller e traballar para sacarlles o máximo partido de acordo coas súas especÃficas calidades. A arquitectura é, xa que logo, arte e técnica a un tempo, pero arte e técnica ao servizo da sociedade", explicou. "A boa arquitectura é aquela que lle ofrece seguridade aos corpos e liberdade aos espÃritos", resumiu.