A Academia de Belas Artes incorpora a Casabella e Manolo Paz

Victor Pablo Pérez ingresa na institución como académico correspondente

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

José Manuel Casabella López, pola sección de Arquitectura, e Manuel Paz Mouta pola sección de Escultura, son os novos membros numerarios da Real Academia de Belas Artes A Nosa Señora do Rosario. O plenario da institución aprobou o pasado día 29 os nomeamentos, que inclúen tamén a Víctor Pablo Pérez como académico correspondente da institución. O traballo de Casabella a prol da recuperación de edificios, os proxectos escultóricos de Paz e a experiencia de Pérez no mundo da música son os méritos que considerou a institución.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Academia de Belas Artes, Manolo Paz, Víctor Pablo Pérez...