O filólogo Xosé Luís Regueira ingresa na Real Academia

O plenario elixiu tamén a Débora Campos como académica correspondente

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Catedrático en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago e autor de numerosos volumes e obras de referencia sobre a nosa lingua, Xosé Luís Regueira foi nomeado o pasado venres membro da Real Academia Galega polo plenario desta institución. Regueira ocupará a vacante que deixara o falecemento de Olga Gallego. Na mesma xuntanza aprobouse o nomeamento de Débora Campos como académica correspondente. Campos desenvolve un intenso labor arredor da nosa cultura en Buenos Aires a través de diferentes iniciativas. Pola súa banda, o arquitecto Xosé Manuel Casabella lía este sábado o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes. "Apuntamentos sobre as orixes da arquitectura moderna entre 1750 e 1914" foi o título da súa intervención, contestada por Celestino García Braña.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Luís Regueira, Plenario, Olga Gallego, Arquitectura...