
Ana Boullón presentou os seus traballos en máis de corenta encontros estatais e internacionais, dende a propia USC e outras universidades españolas ata as de Bahia, Leipzig ou Torino; realizou estadÃas nas universidades e Oxford, Trier e Queen Mary e colabora como consultora en proxectos de investigación do Brasil e dos Estados Unidos, ademais de participar en diversos proxectos nacionais e internacionais. As súas achegas abranguen ademais outras publicacións orientadas á divulgación, faceta que cultiva tamén con colaboracións periódicas no Portal das Palabras ou O Seminario de Onomástica responde. A nova académica electa formou parte dos equipos que promoveron ferramentas informáticas en liña para o estudo do léxico medieval (Dicionario de dicionarios do galego medieval) e planificou xunto a Xulio Sousa a CartografÃa dos apelidos de Galicia), esta última por encarga da Real Academia Galega. Nestes momentos, tamén por encarga da RAG, está a coordinar a elaboración do Dicionario dos apelidos galegos, que se atopa en fase de revisión; e a posta en marcha da GuÃa dos nomes galegos, que estará dispoñible na páxina web da Real Academia Galega para que o público poida facer pescudas sobre os nomes propios: forma estándar, etimoloxÃa, posibles variantes, hipocorÃsticos e equivalencias en distintos idiomas. Con anterioridade, dirixiu o equipo que elaborou Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización (RAG, 2016) e foi coordinadora de distintas edicións da Xornada de Onomástica Galega, que a Academia celebra anualmente dende 2016.