Pegerto Saavedra Fernández (A Fonsagrada, 1951), catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela será o novo membro da Real Academia Galega. A entidade tomou esta decisión no plneario desenvolvido o pasado venres no que decidiron que sexa este historiador o que ocupe a vacante deixada por Francisco Xavier RÃo Barja. Nesa mesma xuntanza, o plenario tamén acordou facer oficial as propostas de Giulia Lanciani como Académica de Honra, e de Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé Henrique Costas González, Gonzalo Navaza Blanco e Antón Palacio Sánchez como Académicos Correspondentes.
Perfil de Pegerto Saavedra, no web da RAG
Pegerto Saavedra leva trinta e cinco anos de traxectoria investigadora sobre de temas esenciais para a comprensión da historia de Galicia, do que son espléndida mostra algúns libros seus, como os dedicados ao estudo da antiga provincia de Mondoñedo, a vida cotiá na Galicia moderna, as comunidades campesiñas e os bens comunais, a industrialización galega no século XVIII ou os estudos sobre as comunidades monásticas. Toda a súa obra de investigación está centrada na época moderna, especialmente nos séculos XVII e XVIII, con resultados que en moitos casos constitúen un diálogo cos textos de Ramón Otero Pedrayo e a confirmación de moitas das intuicións que decote tiña o patrucio de Trasalba.
A súa especialización historiográfica, asà como o seu profundo coñecemento das fontes e dos arquivos da época moderna, públicos e privados, contribuirá a reforzar o peso dos estudos históricos dentro da corporación. Ademais, estudou moi profundamente a organización dos poderes xurisdicionais na Galicia do Antigo Réxime e a súa relación co territorio, nunha perspectiva complementaria dos estudos cartográficos do profesor RÃo Barja. E, finalmente, queremos chamar a atención tamén sobre a súa adecuación profesional para os traballos da RAG en materia.
Texto extraÃdo do web da Real Academia Galega