A familia de Colmeiro doa un cadro do pintor ao Museo de Lugo

A Muralla, pintado en 1934, representa a Muralla e as tabernas de enfronte

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
 A muralla (1932). Manuel Colmeiro.

A muralla (1932). Manuel Colmeiro.

Elena Colmeiro, filla do pintor Manuel Colmeiro, e Alba, a súa neta, doaron o óleo A Muralla ao Museo de Lugo nun acto celebrado en Lugo o pasado venres. "Os cadros lucenses de Colmeiro", aseguraron, "están agora onde deberan estar e onde el o desexaría". O cadro representa un lenzo da muralla e ao fondo un carro e as antigas casas de comidas da cidade. O cadro está exposto na actualidade no Círculo das Artes de Lugo nunha mostra que comezou o xoves pasado e durará até o 24 de marzo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Museo de Lugo, Manuel Colmeiro, Círculo das Artes de Lugo