O Bloque e o Concello de Lugo cúlpanse mutuamente do estado de conservación da muralla

Muralla de todos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O concelleiro de Medio Ambiente de Lugo, Lino González, culpaba hai uns días á Consellaría de Cultura do estado de abandono da muralla. A resposta non se fixo agardar, xa que o voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Lugo, Xosé Anxo Lage, asegurou que desde o mes de abril o concello ten unha proposta de convenio realizada pola Consellaría de Cultura para conservar o monumento á que aínda non respostou. En todo caso, a muralla de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade desde 2000 aínda non conta cunha figura que se encargue da súa xestión.

Máis información sobre a Muralla de Lugo na nosa hemeroteca e sobre a desputa en El Progreso

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muralla de Lugo, Concello de Lugo, Patrimonio da Humanidade, Bloque Nacionalista Galego...