A Muralla de Lugo formará parte dunha campaña de divulgación que organizará a Unesco para dar a coñecer o seu patrimonio

Divulgar o patrimonio

2/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A Unesco quere mellorar que se coñezan os sitios, monumentos e pasaxes que figuran na súa Lista do Patrimonio Mundial, entre os que se atopa a Muralla de Lugo. Para iso, acaba de asinar un convenio co grupo GSP Our Place-World Heritage para elaborar unha colección de libros, unha serie de programas de televisión e un portal de internet. Os dez primeiros volumes da colección presentaranse na Feira do Libro de Frankfurt (Alemaña) no vindeiro mes de outubro.

Máis información en El Progreso e sobre a Muralla de Lugo na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Muralla de Lugo, UNESCO, Feira do Libro...