Lugo promocionará a muralla con novas tecnoloxías

O proxecto Muralla Dixital recibirá 636.500 euros na cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Muralla Dixital é o nome do proxecto que busca aplicar as novas tecnoloxías á promoción da Muralla de Lugo. A iniciativa, que conta co apoio dos fondos FEDER da Unión Europea, conta tamén coa participación das cidades de Santiago de Compostela, Valença do Minho, Monção e Melgaço, e pretende dixitalizar fondos históricos e arqueolóxicos destas urbes de cara a facer recreacións virtuais das mesmas en diferentes momentos históricos. No caso de Lugo, o proxecto contará con 636.500 e desenvolverase ata 2013 con vistas a incluír os seus resultados no futuro Museo Interactivo da Historia da cidade.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feder, Unión Europea, Santiago de Compostela, Muralla de Lugo