O vindeiro 30 de novembro cumpriranse cinco anos desde que a Unesco lle outorgara á Muralla Romana de Lugo a declaración de Patrimonio da Humanidade. Unha distinción concedida a zonas naturais e paisaxísticas do mundo, sitios históricos para preservalos tal e como están de cara o futuro. Un quinquenio despois da declaración, analizamos en que situación está a xestión e organización de actividades arredor deste monumento.
A día de hoxe, os principais problemas que ten a conservación dun monumento Patrimonio da humanidade da Muralla de Lugo pasan, segundo figura no web do Concello, polo desenvolvemento urbano (as intervencións e o tráfico), o medio, a actividade sísmica (escasa, pero existente), o fluxo de visitantes e turistas, así como a vexetación (desde as plantas ata os fungos que nacen na pedra). A concelleira de Cultura de Lugo, Concepción Burgo, explica que a muralla non ten problemas estructurais graves, é dicir, non ten perigo de que caia, pero si hai un problema de mantemento e de posta en valor que habería que arranxar. Cando a concelleira fala da posta en valor, refírese a proxectos de dinamización e de información para dar a coñecer a muralla, para que propios e alleos saiban máis do monumento.
Cuestión de competencias
Aínda que a muralla é propiedade do concello, a súa xestión e conservación correspóndelle á Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Patrimonio. A cuestión complícase un pouco máis, porque a propia concelleira confirma que a concellería de urbanismo, na súa misión de contribuír ao desenvolvemento do territorio, tamén ten competencias na conservación, rehabilitación e restauración de edificios e elementos do patrimonio histórico. Ademais das conversas a tres bandas para a xestión do monumento inclúese tamén o problema económico porque, como asegura a concelleira, asumir a xestión do monumento é custoso. Recoñece ademais que as conversas non foron todo o fluídas que deberan e confía que agora co novo goberno existe unha maior sensibilización e poidamos atallar as dificultades. O primeiro paso nesta dirección deuno a titular de cultura, Ánxela Bugallo quen anunciou unha serie de medidas para Lugo que, aínda que non se centran na muralla directamente, si teñen que ver coa posta en valor do patrimonio romano da cidade lucense. Entre elas está a creación dun centro de interpretación romano-castrexo e o comezo das obras de musealización do Templo de Mitra.
Unha solución
Estes problemas non son exclusivos do concello de Lugo. A cidade de Santiago, cuxo centro histórico obtivo esa declaración no 1984, atopou unha fórmula para solucionar as dificultades logo de que a UNESCO ameazara con retirarlle a declaración por mor das obras dun aparcadoiro. Foi a creación do Consorcio de Santiago, unha figura xurídica con entidade propia que administra recursos públicos e privados para promover e coordinar as accións dirixidas á preservación e revitalización do Patrimonio Cultural representado pola cidade (Real Decreto sobre organización do Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela). Nós, asegura Concepción, solicitamos hai un tempo a creación dunha figura xurídica, chámelle consorcio ou doutra maneira, que fose quen de coordinar todas as competencias e puidera recibir fondos económicos e privados. En todo caso, a concelleira asegura que está sen formalizar e que existe bo interese para facelo.
Aínda que a UNESCO é un organismo que se encarga unicamente de facer a declaración pero non achega ningunha partida económica para a súa conservación e mantemento. Os cartos, asegura Concepción, pasan principalmente polas administracións, desde a estatal ata a local, que son as que nos encargamos de manter este monumento. A ONU ten creado un Fondo fiduciario para a Protección do Patrimonio Cultural e Natural Mundial de Valor Universal Excepcional, denominado o Fondo de Patrimonio Mundial financiado por contribucións obrigatorias e voluntarias dos Estados Membros, organismos públicos, privados ou persoas a título individual. En todo caso, ese fondo destínase a custear a preparación da documentación, estudos e informes para a conservación e mantemento ou asistencias de emerxencia, pero non contempla o financiamento habitual e ordinario deses bens declarados Patrimonio da Humanidade.
Un aniversario animado
Todos os anos, asegura Concepción Burgo, realizamos actividades para a conmemorar a declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e este ano que se cumpren cinco anos non ía ser menos. Aínda que as actividades están sen pechar, a concelleira avanza que consistirá nunha serie de actos culturais, que haberá un apartado especifico para os nenos, algunha actuación musical e, posiblemente, unha tirada de fogos de artificios. En todo caso, son actividades que se irán dando a coñecer a medida que se achegue a data: o 30 de novembro.