As publicacións de arte centran a derradeira xornada 'A arte en tempo real'

Tres profesionais achegarán as súas experiencias e reflexións no CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
As publicacións de arte centran a derradeira xornada 'A arte en tempo real'

O ciclo 'A arte en tempo real' do Consello da Cultura Galega chega este mércores á súa fin coa xornada dedicada ás publicacións. Unha vez analizados os ámbitos referentes a artistas, galerías, comisariado, museos e coleccións nas xornadas precedentes, tócalles a quenda ás publicacións, un medio fundamental no contorno e a dinámica da arte que desde a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do CCG considérase esencial para mostrar, difundir e poñer en valor o traballo artístico. Con tal fin a sección reúne este mércores a partires das 17:00 horas no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega a tres contratados profesionais: Mónica Maneiro, directora artística da Fundación DIDAC; Lucía Romaní, educadora e artista plástica, profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Bernal Prieto, deseñador e ilustrador; representante do Autobán. Estarán presentados e moderados por Lucila Yáñez.

Con esta quinta cita coa reflexión sobre arte remata este ciclo que leva realizándose desde setembro do 'pasado ano. elaborado co propósito de revisar e considerar os diferentes axentes que interveñen no estado actual da arte en Galicia e o condicionan. Nesta última xornada buscarase unha aproximación ás diferentes vertentes das publicacións de arte e ás súas problemáticas e posibilidades. Realizarease un percorrido polo mundo editorial máis formal, o vinculado a fundacións e institucións, e tamén polo que trata en particular o campo do libro de artista e polo que ofrece posibilidades creativas para a autoedición e a autoxestión. A xornada poderá seguirse en directo por streaming ademais de presencialmente.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Museos, Artes Visuais, Belas Artes...