O coleccionismo privado e a creación de coleccións desde os museos, centrarán a cuarta xornada co ciclo 'Arte en tempo real', que organiza o Consello da Cultura Galega. Este mércores, desde as 16:30, no auditorio da institución e en directo a través de YouTube, reuniranse diferentes perfÃs expertos para reflexionar sobre a actualidade e o futuro dunha das pezas fundamentais da estrutura do sistema artÃstico baixo a coordinación de Rosario Sarmiento e SofÃa Santos. Segundo defende esta xornada, o coleccionismo, e por extensión o coleccionista, preséntase como unha figura fundamental para dar sentido ao proceso creativo dun artista. Como receptor necesario do traballo de creación. Ao mesmo tempo, desde a perspectiva dos museos, mostrar e difundir unha colección é unha forma de compromiso coa comunidade e coa contorna social e cultural onde se crea.
Para coñecer todo isto e reflexionar sobre tales cuestións, a xornada organizada pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega contará coas achegas de distintos profesionais que desenvolven o seu labor ao redor do coleccionismo, tendo como base a fotografÃa, da man do director da Fundació Foto Colectania, Pepe Font de Mora, ou de Xoán Pastor RodrÃguez, director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital. Na segunda parte da xornada está programada a mesa redonda "Museos e coleccións en Galicia: presente e futuro", na que participarán responsables de museos e coleccións tan referenciais como o Museo de Pontevedra e a Fundación Laxeiro, a galerista Chus Villar e o coleccionista Juan Outeiral Bar, para abordar cal é a situación actual e cales os parámetros cos que revisar os novos horizontes do coleccionismo na nosa comunidade.
Cinco citas coa situación da arte
Arte en tempo real é un ciclo de cinco xornadas organizado pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas que pretende coñecer, en boca dos seus protagonistas, o estado actual da arte na nosa comunidade. No outono de 2024 analizouse a difÃcil situación que viven os artistas e o comisariado a nivel actual. En 2025 falouse do papel actual das galerÃas de arte e o ciclo pecha en marzo cunha xornada sobre publicacións.