Nas xornadas Arte+Coleccionismo que se celebraron no Consello da Cultura Galega repetíronse desde diferentes perspectivas os mesmos factores como problemáticas esenciais para coleccionismo privado e corporativo de hoxe. Unha serie de elementos que están a condicionar tamén o xeito no que se entende este fenómeno e que fan presaxiar un futuro diferente para o mesmo.
A crise
Obviamente, o económico é un factor fundamental á hora de falarmos sobre coleccionismo. Segundo explica Rosario Sarmiento, antiga responsable da colección de arte de Caixa Galicia, a conxuntura económica provocou que "moitas empresas deixasen de mercar. En 2008 paralizouse todo. Aínda que hai xente que segue a ter capacidade adquisitiva, en termos xerais houbo un parón e moitas galerías tiveron que fechar". Pola súa banda, Marisa Sobrino, na presentación das xornadas sobre coleccionismo do Consello da Cultura, alertaba de que "a transformación que se producira na esfera artística semella esmorecer e se esvaer a favor doutros intereses máis urxentes logo da crise". Segundo ela, "a arte é un dos elos máis febles na vida política e social, e con ela o coleccionismo".
Esta mingua nas adquisicións deu, no entanto, tamén en accións positivas. "A crise fai tamén que moitas entidades volten á vista ás súas propias coleccións, e que poñan en valor e estuden o patrimonio que xa posúen". Nesta liña, por exemplo, se sitúan as propostas expositivas das antigas caixas galegas e da súa obra social nos últimos anos, con mostras como, Tradición, cambio e innovación, O bodegón oculto, Da fantasía á realidade. Pintura de 1833 a 1936, Afluentes, a dedicada a Isidoro Brocos ou a recén inaugurada A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración.
O IVE
Pilar Citoler, veterana coleccionista que visitou o noso país para falar no encontro do Consello da Cultura, cifrou no IVE o principal problema da actividade do coleccionismo no día de hoxe. Na actualidade, o imposto que se lle aplica ás transaccións de obras de arte oscila entre o 10 e a 21% a depender de factores como se a adquisición se fai directamente ao creador o de se hai intermediarios na operación, unha situación moi diferente á doutros países próximos. Segundo esta prestixiosa especialista, o imposto encarece as obras e leva a moita xente a mercar no exterior, o que ao seu ver diminúe o volume global de negocio da arte contemporánea no marco do Estado.
O mecenado
"A lei de mecenado semella o convidado que non chega. O goberno leva moito tempo a anunciala, e mentres non existe unha normativa que é moi importante", explica Rosario Sarmiento. "Cómpre que alguén que invista en arte poida ter incentivos fiscais, e tamén é importante regular isto a nivel corporativo. Isto mesmo pode facilitar que patrimonio que non se coñeza poida saír á luz", explica.
O BIC e a lexislación
A declaración como Ben de Interese Cultural dos fondos artísticos de Abanca e de Afundación, supuxo unha situación pioneira no noso país, ao considerar de interese público unha serie de bens artísticos de creadores tanto galegos como foráneos e outorgarlles a máxima protección prevista na Lei de Patrimonio Cultural. A regulamentación que se aplica a este material obriga a manter as coleccións xuntas e no país e implica, polo tanto, unha limitación ao comercio destes bens. De xeito similar, tamén a declaración como Ben de Interese Cultural Inmaterial do conxunto da obra de Castelao afecta a diferentes coleccións que posúen fondos do rianxeiro. Malia ao que se poida pensar, estes procesos non semella ter influído no panorama galego de colectáneas de arte. Para Sarmiento, este recoñecemento "é moi importante para que as coleccións se miren, se revisen, se estuden se valoren e se difundan. Co BIC fundamentalmente protéxense para que non se dispersen e dáselle á Xunta opción preferente para a adquirir no caso de que se queira vender. Ademais fai que a colección estea máis tutelada cando se movan os fondos".
O coleccionismo que vén
O xeito no que estas circunstancias afectan ao propio fenómeno do coleccionismo, alén das propostas expositivas, son moi variadas. Así, Rosario Sarmiento apunta que, ao seu ver, veremos un panorama máis variado. "É un tema que vai ir aumentando, niso son optimista. É unha tendencia progresiva que se está a dar desde os comezos da democracia, tivo baixadas e subas, pero a tendencia é clara. Cada vez existe un público máis culto que se pode achegar á arte e vaise perdendo o medo a mercar, non cómpre ter moitos cartos. Isto pode dar nun coleccionismo máis variado no futuro". Nesa variedade, no entanto, esta especialista considera que o interese por acumular obras de arte continúa a estar concentrado en determinadas zonas. "Hai pouco lía un artigo que sinalaba que os grandes coleccionistas privados continúan en Europa e en Estados Unidos. Fálase moitos de Asia e dos Países Árabes, pero son zonas que están aínda a comezar neste ámbito".
Galerías e mercados
Para alén da demanda, moitos dos factores sinalados están a modificar tamén a oferta no comercio da arte. Así, nos últimos anos asistimos á desaparición de moitas galerías e á reorientación doutras. Como termómetro, a asistencia galega á feira ARCO reduciuse significativamente, e cada vez son máis os proxectos que acoden a citas paralelas na busca de destinos máis diversificados. De xeito similar ao que semella acontecer cos coleccionistas, tamén no caso das galerías semella observarse de cara ao futuro unha maior variedade de propostas e un redimensionamento dos seus negocios.