A Sección de Creación de Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega (CCG) comeza un novo ciclo de xornadas encamiñado a coñecer o estado actual da arte no noso país. Chámase 'Arte en tempo real' e constará de cinco xornadas a facer nos vindeiros meses, comezando este mércores 25 de setembro ás 17:00 horas cunha revisión á situación dos artistas. Suso Fandiño, Tono Carbajo, Mónica Alonso e Diego Santomé participan nesta cita coordinada por Carmen Díaz Cacheda. Nas seguintes catro xornadas abordarase a perspectiva de outros dos axentes que interveñen no contexto artístico: galerías, comisariado, museos, coleccións e publicacións. As seguintes xornadas irán pechando as súas datas e nomes nos meses vindeiros.
Esta primeira xornada deste mércores, referida aos artistas, comezará co relatorio "Tres estados para un acto de barbarie", na que Suso Fandiño comentará o seu punto de vista sobre a arte hibridándoa coa filosofía e a historia da arte. A continuación terá lugar un coloquio a tres onde os artistas Mónica Alonso, desde a súa visión a través da arte, a arquitectura e a psicoloxía, Tono Carbajo ,cun discurso sobre territorio, movementos migratorios ou exoplanetas , e Diego Santomé , quen, saíndo das disciplinas artísticas convencionais, achega o seu traballo ao labor de proxección doutros artistas, abordarán os seus traballos e achegarán distintas olladas a temas comúns a todos eles.A xornada é presencial e pode seguirse en directo a través do web e das redes sociais da institución.