Co obradoiro 'Pensar en movemento' de aproximación á danza e o movemento dende a teorÃa e a práctica comezará oficialmente este mércores a XLIII Mostra de Teatro galego de Cariño, que se prolongará ata o vindeiro dÃa 20 ofrecendo, coma é habitual un amplo escaparate das artes escénicas galegas do momento. A primeira das representacións, inaugural do programa de espectáculos terá lugar o domingo 8 na cerimonia de apertura e correrá a cargo da compañÃa Nova Galega de Danza, que levarán á Praza do CampÃn a súa produción 'Leira' actualmente finalista en dúas categorÃas dos Premios MAX. Ao longo da programación pasarán por Cariño ata dezaoito espectáculos diferentes, entre funcións para adultos, música e teatro familiar o espectáculos de rúa. Pasarán pola localidade coruñesa a principais compañÃas de teatro galegas, entre outras a montaxe 'Quixote' de Pedras de Cartón, que gañou recentemente o premio do Festival internacional de Almagro.