A Mostra de Teatro Galego de Cariño chega este ano con adianto pasando a celebrarse xa nos primeiros días de agosto segundo se presentou onte no Concello da localidade. A XLVI edición terá lugar entre o 4 e o 10 de agosto na vila coruñesa chegando a ofrecer 14 espectáculos, todos eles de creación galega. A programación abrirase o domingo 4 de agosto, cun acto de presentación no que se entregarán os premios do público da edición pasada, que foron, no apartado adulto para o Grupo Chévere pola súa obra 'N.E.V.E.R.M.O.R.E.', mentres que o público infantil premiou a Os Náufragos teatro pola súa obra 'Hugo'. O día de apertura o programa estará moi enfocado ao público máis familiar cos espectáculos 'Os zancudos' de Barafunda (12:00 hrs.); e Mute, de Orain-Bi Zirko Teatro(20.30).
Unha vez máis a Mostra de Cariño será unha reunión dunha parte importante do catálogo anual de espectáculos das compañías galegas. Pola programación desta mostra pasarán as compañías Ghazafelhos, con 'Bon Apetit'; Malasombra Producións, con 'D.E.P.'; Os Náufragos coa obra 'Comenoites'; Culturactiva con 'As alumnas'; volverá Barafunda coa montaxe 'Antón, un neno diferente'; Chévere, con 'As fillas bravas e o mito de Casandra'; Baobab Teatro con 'Ás para Álex', Tarabela Creativa traerá á mostra 'Boa sorte e mala fama'; Excéntricas Teatro, con Monstros; Os Náufragos, con 'Noso'; Culturactiva, con 'Hoxe si' e pechará a mostra o concerto de Catuxa Salom.