A XLIIª Mostra de Teatro Galego de Cariño , que se celebrou na vila coruñesa entre o 9 e o 21 deste mes, ven de anunciar os espectáculos gañadores dos premios outorgados poas votacións dos seus públicos adulto e infantil. A compañÃa Teatro do Andamio obtivo a miorÃa dos vostos do público infantil coa súa obra O sal do mar e outros contos mariñeiros, un espectáculo sobre os soños de inminentes viaxes polo mar dun rapaz, Yago, e os contos que lle contaba o seu avó . A traxedia grega Electra da portuguesa Compahia do Chapitô levou o premio de público adulto. Os lisboetas abordaban este drama clásico no que na Atenas do rei Agamenón convócase unha guerra para liberar á bela Helena das garras do seu secuestrador, as consecuencias das decisións de Agamenón na súa teima levarán a un baño de sangue familiar que a compañÃa portuguesa conta co seu estilo propio e inconfundible en clave de comedia. Os premios serán entregados na XLIIIª Mostra de Teatro, o ano que ven.
A finalizada XLIIª Mostra de Teatro Galego de Cariño ficará na lembranza, ademais de por estes premios, polas circunstancias especiais relacionadas coa crise sanitaria actual que marcaron a celebración do evento condicionando a súa organización. A mostra ampliouse en dúas semanas separando os espectáculos familiares e infantiles dos de público adulto para evitar calquera posibilidade de aglomeración. Malia todo, a Mostra acadou o cheo absoluto, con todas as entradas esgotadas en todas as representacións teatrais das dúas semanas. Respectando as capacidades máximas e as medidas de seguridade a XLIIª Mostra de Teatro Galego de Cariño encheu tanto os escenarios ao aire libre coma a sala do Auditorio Municipal.