Un espectáculo infantil abre a XXXV edición da Mostra de Teatro de Cariño

O programa está composto por catro espectáculos para nenos e outros tantos para adultos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Son xa trinta e cinco as edicións que celebra a Mostra de Teatro de Cariño, das máis antigas de Galicia. Constituída por primeira vez en 1978 cando a formación afeccionada As Traíñas puxo en marcha unha mostra de teatro galego e portugués. Nesta ocasión son oito os espectáculos programados: catro para público infantil (entradas a 1 euro) e outros tantos para público adulto (entradas a 5 euros). Desde hoxe ata o domingo pasarán por alí montaxes moi concorridas como as Gaivotas subterráneas de Talìa Teatro ou “Misterio cómico”, que recupera Teatro do Morcego coa que recibiron o Premio Compostela. A casa da cultura e o auditorio son os escenarios da mostra.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Portugués, Casa da Cultura...