Coa inclusión social como un dos eixes principais, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas abre este 27 de xuño a súa cuadraxésima primeira edición. O programa achegará ata o 7 de xullo oito espectáculos en sala, outros tantos de rúa e dous en espazos alternativos canda a propostas como a XXIV Xornadas Mulleres en Acción e, como novidade, a I Xornada de Inclusión e Teatro.
A edición achega 7 estreas absolutas, 7 estreas en Galicia e 4 coproducións que adiantan boa parte da vindeira temporada teatral. Deste xeito, Sobre o extravÃo ou a arte de perderse amosa a colaboración entre Nuria Sotelo e Ana Vallés, mentres a coprodución Rogelio. La fête completa a triloxÃa que desenvolve a compañÃa AsSircópatas con Dani Blanco a mesturar circo, clown, corda frouxa, malabares, música e moito humor.
Tamén en clave de clown se dará a coñecer Latexo, coproducida pola Mostra e Pistacatro, mentres Davide González e Andrea Quintana achegan Ruar, en coprodución co colectivo Vacaburra. O Teatro Ensalle presenta, pola súa banda Canchal XI. Sobre coa colaboración do director e actor catalán Juan Navarro e Terrorismo de Autor. A estas súmase a posta de longo de Espectáculo ETC, da Escola de Teatro de Cangas, e mais o VIII Torneo Galego de Dramaturxia.
Outras estreas desta xeira son El Castillo de Lindabridis, adaptación de Calderón de la Barca da man da compañÃa Nao d'amores e do Teatro Clásico Nacional, A cidade Cacifo, dos portugueses Peripecia, Passport de Yllana, Redes de Emovere, a traxicomedia grotesca FeÃsima enfermedad y muy triste muerte de la reina Isabel I da man de La Calòrica e Perhaps, perhaps, quizás, de Chula the Clown.
Canda a eses espectáculos, a Mostra acollerá Helen Keller. A Muller maravilla?, de Chévere, que protagoniza tamén unha charla-obradoiro no I Xornada de Inclusión e Teatro. Canda a isto, celebrarase un encontro dos colectivos Atempo, Doa, Artefeito e Luzazul, que traballan as artes escénicas con persoas con diversidade funcional.
A montaxe de Chévere recibirá ademais nesta xeira o Premio Xiria ao Labor Teatral, a recoñecer o "excepcional traballo de inclusión, no ámbito profesional teatral galego e estatal" da obra, "non só accesible para persoas con discapacidade auditiva, visual ou xordocegueira senón que, tamén, cuestiona a incomunicación entre estas e as persoas 'sen discapacidades', conseguindo establecer unha conversa aberta e directa co público".
No marco das xornadas Mulleres en Acción poderá verse unha das primeiras video-performances da artista MarÃa Ruido canda ao seu filme Las reglas del juego Ruido recibirá o Premio Mulleres en Acción, en recoñecemento ao seu "excelente labor artÃstico" que utiliza a arte cinematográfica "dun xeito orixinal, inexplorado e cunha linguaxe propia". A organización do festival destaca que Ruido "constrúe unha contra-narrativa feminista e de clase" e que a súa obra invita á reflexión sobre "o desclasamento, conflitos, dificultades e contradicións de xénero e de clase".