Comeza en Cee a Mostra de Teatro que pretende servir de escaparate do teatro galego

O evento é organizado por Talía Teatro que cumpre vinte anos como compañía profesional

22/8/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Coa posta en escena de Aeroplanos, a última montaxe de Lagarta, Lagarta mañá comeza en Cee a Mostra de Teatro. Un encontro que se celebra do 23 ao 29 de agosto e que pretende ser o reflexo da práctica teatral galega, tanto afeccionada como profesional. Por ese motivo, a compañía organizadora do encontro (Talía Teatro) deseñou un programa con 25 espectáculos que combina teatro infantil co de adultos. Ademais, no marco da mostra tamén se pdoerá ver o último espectáculo da compañía organizadora, Talía Teatro, que se titula E ti, quen vés sendo?.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

25/03/2010

O equipo A(AAG)

O teatro galego celebra os vinte e cinco anos de profesión cuns premios moi repartidos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Talía Teatro, Cee, Espectáculo...