Talía Teatro alerta da dificultade de continuar coa Mostra de Teatro de Cee

A edición deste ano reducirá os días de programación

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O orzamento da última edición da Mostra de Teatro de Cee, a número 24, rondaba os 25.000 euros, co apoio do concello, a Deputacion e a Xunta. A tardanza dos pagamentos e os criterios dos apoios son algúns dos motivos esgrimidos pola compañía organizadora, Talía Teatro, para alertar de que este ano podería ser a última. Segundo publica hoxe El Correo Gallego, a dificultade orzamentaria e o “desinterese total” das administracións poñen en perigo este evento. Tal e como informa este medio, a edición deste ano poderase celebrar, pero contará cun menor número de xornadas.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Talía Teatro, Cee, El Correo Gallego

Claves

Conceptos
Lugares