A montaxe 'O Furancho' de Ibuprofeno Teatro será a que abra a Iª Mostra de Teatro de Porto do Son o vindeiro 2 de novembro na Casa da Cultura da localidade coruñesa. O concello, que non forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta, decidiu organizar esta programación teatral por vez primeira e con ánimo de continuidade, co apoio da Deputación Provincial, agrupando nela cinco representacións a cargo de outras tantas compañÃas galegas que pasarán pola Casa da Cultura sonense cada sábado ás 21:00 horas ata o vindeiro 30 de novembro. Ademais do espectáculo inaugural, por Porto do Son pasará, nesta orde, 'Bernarda', de Malasombra Producións; 'Criaturas' do G.T.M. Ribeira; 'Running' de De Ste Xeito Producións rematará a Mostra o dÃa 30 con 'Arte sen guión', de Galeatro CompañÃa de Teatro.