A XII edición da Mostra de Teatro de Malpica levará á localidade da Costa da Morte cinco espectáculos da escena galega que teñen en común ter recibido diferentes galardóns, xa sexa a obra, a compañÃa ou o elenco. A programación da XII Mostra presentará un espectáculo cada venres entre o 4 de novembro e o 2 de decembro no Auditorio do centro CÃvico municipal. O 4 de novembro abrirá o programa a obra O dÃa do pai, a compañÃa Malasombra, produtora da obra, ten no seu haber o Premio do Público das anteriores dúas edicións da Mostra de Teatro. A obra Noiteboa, de Redrum teatro, pola que Mela Casal recibiu o Premio Maria casares 2016 á mellor actriz protagonista, chegará na segunda xornada, 11 de novembro. A terceira xornada será para a obra gañadora do VIII Premio Barriga Verde de texto para teatro de monicreques Fábula Galénica. de Fantoches Baj . Outra produción infantil, Luppo de Baobab Teatro, será a proposta da cuarta xornada, esta obra levou o premio ao mellor espectáculo infantil na feira de teatro de Ciudad Rodrigo 2015. Esta duodécima edición da Mostra pecharase por todo o alto o 2 de decembro coa obra Perplexo de Il Maquinario Teatro, unha obra que acadou 5 premios MarÃa Casares no ano 2015: Mellor Espectáculo, Dirección, Iluminación, Vestiario e Tradución/Versión.