Os XXVIII Premios de Teatro María Casares xa se repartiron entre as producións, artistas e técnicos da escena galega e a montaxe 'Unha inimiga do pobo', coa que Talía Teatro adapta un clásico da dramaturxia como Henrik Ibsen, converteuse na gran triunfadora da noite ao facerse con sete galardóns: espectáculo, actriz protagonista (Marta Lado), actor secundario (Toño Casais), adaptación-tradución (Vanesa Sotelo e Tito Asorey), espazo escénico (Dani Trillo), iluminación (Laura Iturralde) e dirección, galardón que Tito Asorey compartiu con Quico Cadaval, director de 'O Auto de Castromil'. Estoutra obra, de Producións Teatráis Excénctricas en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), fíxose con dous galardóns. Ademais do xa citado premio de dirección a Cadaval, acadou o de vestiario (Carlos Alonso). No que ten que ver co palmarés de interpretes, complétase co premio ao actor protagonista que foi para Toni Salgado po 'Shakespeare en Roma' do CDG, e o de actriz secundaria que acadouno María Roja polo seu traballo en 'Entrega en Man', de Contraproducións. Manuel Cortés se impuxo na categoría de texto orixinal pola obra Códice K, de Ainé e 'Deadpan Karaoke', de Ibuprofeno Teatro, impúxose nas dúas categorías ás que optaba: maquillaxe (Baia Fernández) e espazo sonoro (Mónica de Nut). Pola súa banda, 'Nanai da China', produción de Pérez&Fernández, acadou o María Casares ao mellor espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, mentres que o premio ao mellor espectáculo infantil acabou nas mans da compañía Caramuxo Teatro pola súa obra Crisálida , completando as resolucións desta edición dos galardóns da escena teatral galega.
A gala dos XXVIII Premios de Teatro María Casares celebrada onte no Teatro Rosalía da Coruña converteuse nunha auténtica homenaxe ao teatro musical baixo a dirección de Sara Fandiño. A directora contou cun elenco conformado por sete intérpretes (Mario Lagoas, Alba Tojeiro, Verónica Peiteado, Rocío Salgado, Iván Márquez, Iván L. Estévez, Germán Prenta), ademais da colaboración dos patinadores Marta Fraga e Fabián Martínez. A propia Fandiño compuxo a música e a letra dos temas orixinais que se escoitaron ao longo da gala e Alexandro González asumiu a dirección musical. José Expósito Ortiz encargouse do espazo escénico, María Vázquez Mosteiro asinou o vestiario, e Dani Pais deseñou a iluminación. Na cerimonia de entrega tiveron gran protagonismo as lendas do mar, o espírito atlántico e dous arquetipos fundamentais no imaxinario marítimo universal con gran amor polo canto: os piratas e as sereas. Así, o escenario do Teatro Rosalía converteuse nun barco pirata que celebrou as nosas artes escénicas nunha noite na que Vero Rilo leu o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro e María Barcala recolleu o Premio de Honra Marisa Soto.
O discurso sectorial incide nas fendas económicas e de xénero
A gala, que foi retransmitida por Youtube a través da canle dos Premios María Casares, contou co discurso de Arantza Villar, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Na súa intervención, Villar realizou un percorrido por diferentes cifras que definen a situación laboral da profesión artística un mal endémico que persegue ao sector desde fai moito tempo. Neste sentido, tirou man do informe socioeconómico máis recente da AISGE para lembrar que o "77% da profesión da interpretación de todo o estado ingresa menos de 12.000 euros anuais polo seu oficio" e que os ingresos dos actores masculinos supera nun "40% o das actrices", subliñando así a persistencia da fenda de xénero. "Dende aquí, dende os escenarios, podemos pelexar contra a precariedade. Cómpre facelo dende o colectivo, sinalou a presidenta da AAAG, antes de celebrar que o sector escénico e o audiovisual contan cun "tecido asociativo profesional sólido" e que "non hai máis forza que a unión".
Villar destacou, ademais, que a finais de 2023 a AAAG, xunto a outras oito asociacións, asinou o Protocolo para a prevención e actuación en casos de acoso sexual e por razón de sexo e/ou xénero nos ámbitos das artes escénicas e musicais. Definiu este protocolo, que impulsou a asociación Escena Galega, como "pioneiro" e como unha "ferramenta fundamental" que axuda a que "resoe en todos os sectores da sociedade un lema: acabouse". Neste discurso tamén houbo referencias a dous aniversarios: os 15 anos doutra "ferramenta esencial" para o sector, o Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia, e os 40 anos do Centro Dramático Galego, institución á que se lle esixiu incrementos no orzamento, na contratación, na produción e mais na duración das xiras.
O discurso da Xunta Directiva tamén incluíu mensaxes antibelicistas fronte á invasión en Gaza, mostras de apoio aos traballadores e as traballadoras da dobraxe que están a reclamar o cumprimento do seu convenio colectivo e críticas á CRTVG. "Reclamamos que o ente público sexa verdadeiramente transparente e transversal, alleo á manipulación. Solicitamos que se cumpra a Lei de Medios. Merecemos outra televisión", rematou Villar.
En resumo, gañadores/as por categoría:
MAQUILLAXE: Baia Fernández por Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro.
VESTIARIO: Carlos Alonso por O Auto do Castromil, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG.
ILUMINACIÓN: Laura Iturralde por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro.
ESPAZO ESCÉNICO: Dani Trillo por Unha inimiga do pobo, de Talia Teatro
ESPAZ SONORO: Mónica de Nut por Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro
ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Vanesa Sotelo e Tito Asorey por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro
TEXTO ORIXINAL: Manuel Cortés por Códice K, de Ainé.
ACTOR PROTAGONISTA: Toni Salgado por Shakespare en Roma, do CDG.
ACTRIZ PROTAGONISTA: Marta Lado por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro
ACTRIZ SECUNDARIA: María Roja por Entrega en man, de Contraproducións
ACTOR SECUNDARIO: Toño Casais por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro
DIRECCIÓN: (Ex aequo) Tito Asorey, por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, e Quico Cadaval por O auto do Castromil, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG.
DIRECCIÓN DE MOVEMENTO: Gonçalo Guerreiro e María Torres por Un hotel de primeira sobre o río, do CDG
ESPECTÁCULO: Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro.
ESPECTÁCULO INFANTIL: Crisálida, de Caramuxo Teatro
ESPECTÁCULO DE MONICREQUES: Nanai da China, de Pérez&Fernández.