Un total de 12 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXIII Premios de Teatro MarÃa Casares organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A obra Commedia, que o pasado anos Contraproducións volveu levar a escena 25 anos despois da súa estrea con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó, acadou un total de 12 finalistas nas categorÃas de espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista, actor protagonista, vestiario, escenografÃa, iluminación, música orixinal e actor secundario por partida tripla, acaparando asà todos os finalistas neste apartado. Pola súa banda, Divinas Palabras Revolution, produción do Centro Dramático Galego, rexistra 7 finalistas nas categorÃas de espectáculo, dirección, actriz protagonista, actriz secundaria, adaptación-tradución, maquillaxe e escenografÃa. A leituga, de Emedous Emoción&Arte, pecha a trÃade de espectáculos con máis número de finalistas, xa que optará a cinco galardóns na gala: espectáculo, actriz protagonista, actor protagonista, escenografÃa e iluminación. Outras nove montaxes aspiran a un ou máis premios no listado de finalistas. Asà se deu a coñecer esta tarde na tradicional Festa de Finalistas que tivo lugar na cafeterÃa Lasso do Auditorio de Galicia. O acto, que foi presentado pola secretaria da AAAG, Iria Sobrado, contou co asistencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e Yolanda Pereira, coordinadora da delegación Noroeste da Fundación Aisge, que entregaron a cada finalista os trofeos e diplomas que asà os acreditan.
A gala dos XXIII Premios de Teatro MarÃa Casares celebrarase o vindeiro 21 de marzo no Teatro RosalÃa Castro da Coruña. Neste ano 2019, a AAAG encargoulle ao ilustrador David RubÃn a creación do cartel dos Premios MarÃa Casares. Ademais, os galardóns abren unha nova andaina nesta vixésimo terceira edición ao substituÃr as tradicionais xerras de Sargadelos por un novo trofeo deseñado por Paula Pereira. A AAAG tomou a determinación deste cambio tras as decisións empresarias e as declaracións sobre a acción sindical da dirección do grupo.
Repartición de finalistas por montaxes
1. Commedia, de Contraproducións (12 finalistas): espectáculo, dirección (Cándido Pazó), actriz protagonista (Nuria Sanz), actor protagonista (VÃctor Mosqueira), actor secundario por partida tripla (César Goldi, Avelino González e Marcos Orsi), adaptación-tradución (Cándido Pazó), vestiario (Suso Montero), escenografÃa (Suso Montero), iluminación (Afonso Castro) e música orixinal (Fernando Reyes).
2. Divinas Palabras Revolution, do CDG. (7 finalistas): espectáculo, dirección (Xesús Ron), adaptación-tradución (Manuel Cortés), actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), actriz secundaria (Mónica GarcÃa), escenografÃa (Suso Montero) e maquillaxe (Fany Bello)
3. A leituga, de Emedous, (5): espectáculo, actor protagonista (Antonio Durán 'Morris'), actriz protagonista (MarÃa Vázquez), Iluminación (José Manuel Faro 'Coti') e escenografÃa (José Manuel Faro 'Coti')
4. Invisibles, de Redrum Teatro, (4): dirección (Marián Bañobre), actriz protagonista (Mela Casal), iluminación (Laura Iturralde) e adaptación-tradución (Marián Bañobre e Santiago Cortegoso)
5. Casa O'Rei, de Iburpofeno Teatro, (4): actor protagonista (Miguel Borines), actriz secundaria (Marián Bañobre), texto orixinal (Santiago Cortegoso) e música orixinal (Alonso Caxade).
6. O servidor de dous amos, de TalÃa Teatro, (3): actriz secundaria (Marta Lado), maquillaxe (Martina Cambeiro) e vestiario (Martina Cambeiro).
7. #camiños, de ButacaZero (2): vestiario (Diego Valeiras e ButacaZero) e texto orixinal (Esther F. Carrodeguas).
8. AnatomÃa duha serea, de Iria Pinheiro (2): mellor actriz (Iria Pinheiro) e texto orixinal (Iria Pinheiro e MarÃa Lado).
9. A nena e o grilo máis aló, de Magin Blanco e Teatro Ghazafelhos (2): música orixinal (MagÃn Blanco) e espectáculo infantil.
10. Arnoia, Arnoia, de Pista Catro Produtora de Soños (1): maquillaxe
11. Contos do Recreo, de Redrum Teatro, (1): espectáculo infantil
12. Patapatúm, de Elefante Elegante (1): espectáculo infantil.