'Unha inimiga do pobo', de TalÃa teatro, estreouse o 3 de marzo de 2023 no teatro RosalÃa de Castro da Coruña. Marta Lado protagonizaba o espectáculo, no papel de Helena, unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como un alternativa turÃstica sostible e saudable. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza que ve como se pon en risco a prosperidade para toda a comunidade.