Un total de 19 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos 16 galardóns que se entregarán durante a gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Así se deu a coñecer onte en Santiago durante a tradicional Festa de Finalistas que tivo lugar na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. Dúas montaxes que poñen sobre o escenario conflitos de total actualidade son os que acadan unha maior presenza entre as canddiaturas finalistas.
'Unha inimiga do pobo, na que Talía Teatro adapta unha obra de Ibsen, acada 9 finalistas e 'Hamelin', na que Redrum Teatro trae un texto de Mayorga sobre un caso real de abusos infantís, consegue 6. As producións do Centro Dramático Galego (CDG) 'Shakespeare en Roma' e 'Un hotel de primeira sobre o río' rexistran 5 finalistas, os mesmos que 'O Auto do Castromil', de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG.
Relación de finalistas por montaxes
1. Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro (9 finalistas): espectáculo, dirección (Tito Asorey), actriz protagonista (Marta Lado), actor secundario (Toño Casais), adaptación-tradución (Tito Asorey e Vanesa Sotelo), iluminación (Laura Iturralde), espazo escénico (Dani Trillo), maquillaxe (Martina Cambeiro) e vestiario (Martina Cambeiro)
2. Hamelin, de Redrum Teatro (6 finalistas): espectáculo, dirección (Alex Sampayo), actor protagonista (Machi Salgado), actor secundario por partida dupla (Fran Lareu e Roberto Leal) e iluminación (Carlos Álvarez-Ossorio)
3. O Auto do Castromil, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG (5 finalistas): espectáculo, dirección (Quico Cadaval), actor protagonista (Víctor Mosqueira), vestiario (Carlos Alonso) e Espazo sonoro (Piti Sanz)
4. Shakespeare en Roma, do Centro Dramático Galego (5 finalistas): actor protagonista (Toni Salgado), actriz protagonista por partida dupla (Sheyla Fariña e Rebeca Montero), vestiario (Saturna), adaptación-tradución (Volodymyr Snegurchenko para Coriolano, Ana Carreira para Xulio César, Ana Abad de Larriva para Antonio e Cleopatra e Lorena Conde para Tito Andrónico)
5. Un hotel de primeira sobre o río, do Centro Dramático Galego (5 finalistas): dirección de movemento (María Torres e Gonçalo Guerreiro), actrices secundarias por partida dupla (Raquel Espada e Lidia Veiga), vestiario (Carolina Díguele) e espazo escénico (Gonçalo Guerreiro)
6. Entrega en man, de Contraproducións (3 finalistas): actriz secundaria (María Roja), adpatación-tradución (Cándido Pazó e Santi Romay) e maquillaxe (Martina Cambeiro)
7. Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro (2 finalistas): maquillaxe (Baia Fernández) e Espazo Sonoro (Mónica de Nut)
8. Crisálida, de Caramuxo Teatro (2 finalistas): espectáculo infantil e espazo escénico (Diego Valeiras)
9. Vox Populi, de Malasombra (2 finalistas): espazo sonoro (Carlos Mosquera Mos) e iluminación (Octavio Mas)
10. Backstage, de NegroLópez (1 finalista): espectáculo infantil
11. Ándale! Bon apêttit!, de Teatro Ghazafelhos (1 finalista): espectáculo infantil
12. Frida, de A Cova das letras (1 finalista): dirección de movemento (Olga Cameselle)
13. Insubmisa, de Antagonista Teatro (1 finalista): dirección de movemento (Marta Alonso)
14. Códice K, de Ainé, (1 finalista): texto orixinal (Manuel Cortés)
15. A Nai, de Amorodio Teatro (1 finalista): texto orixinal (Laura Porto)
16. Mosca, de Árika Cía (1 finalista): texto orixinal (Gustavo del Río)
17. Nanai da China, de Pérez&Fernández (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas
18. A teteira de Kabul, de Xarope Tulú (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.
19. Coliño, de A Xanela do Maxín (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.