Os XXV Premios de Teatro MarÃa Casares caracterizáronse polo reparto de premios entre moitas das 13 obras finalistas. Nunha gala celebrada este xoves no Teatro RosalÃa de Castro da Coruña, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebrou a súa festa anual. O espectáculo A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro, fÃxose con catro galardóns: espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor secundario (Fran Lareu) e adaptación-tradución (Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro). Na categorÃa infantil, a montaxe gañadora foi Os nenos da varÃola, de Pérez&Fernández. No teatro para adultos, outras obras galardoadas foron Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada, cos premios de actriz protagonista (Marta Alonso Tejada), iluminación (Laura Iturralde) e dirección (Marta Alonso Tejada ex aequo con Gonçalo Guerreiro). O espectáculo Microspectiva dun Marica Millennial, de Incendiaria recibiu dous premios: actor protagonista (Davide González) e texto orixinal (Vanesa Sotelo e Davide González).