Un total de 13 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXV Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña e agárdase que poida retomar un formato presencial. O espectáculo A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, conta con 8 finalistas; mentres que as obras Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada; Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, e 32m2, de ButacaZero, acadan 5 finalistas. Así se deu a coñecer onte en Santiago durante a Presentación de Finalistas que tivo lugar na Terraza do Edificio da SGAE en Santiago. O acto, que foi conducido por Carmen Conde, contou coa asistencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Miguel Diéguez, director da SGAE no Noroeste; e Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia, que acudiron ao acto en calidade de representantes das institucións que patrocinan os galardóns do teatro galego, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).
Con 8 candidaturas finalistas, a montaxe A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, baseada na novela do mesmo título de Manuel Rivas, é o espectáculo máis destacado nesta recta final dos premios optando ás categorías de espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor protagonista (Josito Porto), actor secundario (Fran Lareu), adaptación-tradución (Fernando Dacosta/Gonçalo Guerreiro), iluminación (Baltasar Patiño), escenografía (Gonçalo Guerreiro) e vestiario (Tegra Vázquez e Lele Álvarez). Pola súa banda, Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, rexistra 5 finalistas nas categorías de espectáculo, actriz secundaria (Marta Alonso), escenografía (Gonçalo Guerreiro), música orixinal (Miguel Paz, Nacho Martín, Gonçalo Guerreiro) e vestiario (Diego Valeiras). Grazas a estas dúas montaxes Gonçalo Guerreiro é o finalista con máis presenza nesta edición dos premios do teatro, dúas das tres candidaturas a mellor escenografía, unha pola dirección e outra pola música no espectáculo de Sarabela. Na categoría a Mellor iluminación Laura iturralde tamén acada dúas posicións finalistas polo seu traballo nas montaxes Microspectivas dun marica millennial (Incendiaria) e Bailar agora (Marta Alonso de Tejada), que competirán contra o laureado Baltasar Patiño. Por outra banda as dúas actrices protagonistas en O premio de La Quintana Teatro, Victoria Teijeiro e Raquel Espada, competirán entre si nesa categoría e o mesmo pasará entre dous dos actores secundarios de O mozo da última fila (Redrum Teatro), Machi Salgado e Rubén Porto.
Relación de finalistas por montaxes
1. A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro (8 finalistas): espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor protagonista (Josito Porto), actor secundario (Fran Lareu), adaptación-tradución (Fernando Dacosta/Gonçalo Guerreiro), iluminación (Baltasar Patiño), escenografía (Gonçalo Guerreiro) e vestiario (Tegra Vázquez e Lele Álvarez)
2. Dreaming Juliet, de Elefante Elegante (5 finalistas): espectáculo, actriz secundaria (Marta Alonso), escenografía (Gonçalo Guerreiro), música orixinal (Miguel Paz, Nacho Martín, Gonçalo Guerreiro) e vestiario (Diego Valeiras)
3. 32m2, de ButacaZero (5 finalistas): dirección (Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas), actor protagonista (Xurxo Cortázar), texto orixinal (Esther F. Carrodeguas), música orixinal (Rodrigo Cuevas) e escenografía (Beatriz de Vega).
4. Bailar agora, de Marta Alonso Tejada (5 finalistas): espectáculo, dirección (Marta Alonso Tejada), actriz protagonista (Marta Alonso Tejada), iluminación (Laura Iturralde) e vestiario (Uxía P. Vaello)
5. O premio, de La Quintana Teatro (4 finalistas): actriz protagonista (Victoria Teijeiro e Raquel Espada), texto orixinal (Santiago Coretogoso) e maquillaxe (Fanny Mosqueira).
6. Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria (4 finalistas): espectáculo, actor protagonista (Davide González), texto orixinal (Davide González e Vanesa Sotelo) e iluminación (Laura Iturralde)
7. Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, (4 finalistas): espectáculo infantil, adaptación-tradución (Victoria Pérez), actriz secundaria (Isabel Risco) e maquillaxe (Maribel Valdivieso)
8. O mozo da última fila, de Redrum Teatro (3 finalistas): actriz secundaria (Belén Constenla) e actor secundario (Machi Salgado e Rubén Porto).
9. O libro da Selva, de Teatro Avento Producións (1 finalista): maquillaxe (Fernanda Barrio)
10. Poeta en Nova York, de Teatro baixo da area (1 finalista): adaptación-tradución (Paloma Lugilde, Xoan C. Laxe, Rosa Moledo)
11. A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico, 1 finalista: música orixinal (Vadim Yukhnevich).
12. Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón, 1 finalista: espectáculo infantil
13. Ris Ras, de Baobab Teatro, 1 finalista: espectáculo infantil