A Mostra de Teatro de Cariño cumpre corenta anos

A nova xeira do evento amosa as producións máis recentes da escena entre o 16 e o 22 de agosto

6/8/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatro
22 lecturas | Compartido 0 veces

Un obradoiro de creación escénica a cargo de Ibuprofeno Teatro servirá de aperitvo, entre os días 12 e 14 de agosto, á XL xeira da Mostra de Teatro Galego de Cariño. A cita decana da escena do país presenta un programa no que, como é habitual, conflúen moitas das novidades que pisarán as táboas galegas ao longo da vindeira temporada. Barafunda animación abrirá o programa o vindeiro día 16 co espectáculo de Rúa Percebes de Ortegal. Ata o 22, pasarán polos escenarios da vila propostas como as de Teatro Ghazafelhos e A Illa Sen Tesouro, A compañeira de piso de Contraproducións, Patapatúm de Elefante Elegante, Mai Mai de Baobab Teatro ou Bernarda (Vilalba, 1975) de Malasombra Producións entre outras.

Universo culturagalega.gal