Unha das citas históricas da escena do país, a Mostra de Teatro Galego de Cariño, recupera o seu formato habitual logo da pandemia. A cuadraxésimo cuarta edición do evento desenvolverase nesta vila do Ortegal entre os días 12 e 19 de agosto cun nutrido programa para todos os públicos que complementa as propostas teatrais con música e poesía.
O Concello de Cariño presentaba este 29 de xuño a nova edición da Mostra, que iniciará o seu programa con O folión do zampón, una representación itinerante de Fantoches Baj. A danza de Fran Sieira con Coreografías dun Demente será outra das propostas da xornada inaugural. Ao longo da fin de semana sucederanse propostas de teatro de rúa a cargo de Ghazafelhos, Planeta Trampolí, Troula Animación, Cirque Entre Nous, e os concertos de La Quinkillada e A banda do verán.
As propostas en sala que se desenvolverán ao longo da semana inclúen a Caramuxo Teatro e A Nena Que Vivía Nunha Caixa De Mistos, A Panadaría con As que limpan, a Rosalía de Culturactiva, Despois das ondas a cargo de Butaca Zero, A cazola de Lola de Tanxarina ou Smoke on the water de Ibuprofeno Teatro.
Elefante Elegante, Talía Teatro, Teatro del Andamio e Contraproducións coas súas Cigarreiras completan o programa. De xeito paralelo, a proposta contempla un obradoiro de creación escénica a cargo de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso e mais o recital poético Volátil de Paulo Maestro & Constance Hurlé. O Concello de Cariño salienta que esta xeira supón o retorno á normalidade da cita a nivel de duración, capacidade e organización. O programa conta co apoio da Agadic e da Área de Cultura da Deputación da Coruña.