A Mostra de Teatro Galego de Cariño anunciou a programación que desenvolverá do 11 ao 17 de agosto para conmemorar os seus 40 anos de traxectoria, celebración que confirma este encontro como decano na difusión dos espectáculos producidos en Galicia. Esta cuadraxésima edición ofreceralles aos espectadores unha vintena de citas culturais, entre as que se atopan as propostas teatrais e circenses de 10 compañÃas galegas (Natalia Outeiro "Pajarito", Culturactiva, Contraproducións, Baobab Teatro, A PanadarÃa, Trompicallo, Mofa e Befa, Ghazafellos Teatro, Redrum Teatro e Chévere), dúas portuguesas (PartÃculas Elementares e Godot), unha de Castela e León (Cirk About It), unha vasca (Shakti Olaizola) e unha belga (Okidok), ademais de dous concertos (Ukestra do Medio e MarÃa Fumaça) e un obradoiro de circo para toda a familia. Calcúlase que máis de dúas mil cincocentas persoas se achegarán a este concello para a Mostra.
O programa ficará dividido en catro apartados diferentes, contando con seis espectáculos que se desenvolverán na rúa; diferentes actuacións de programación infantil que terán lugar en horario de mañá; ou cinco funcións nocturnas que se darán lugar entre os dÃas 13 ao 17. As actuacións de noite acollerán unha das novidades desta cuadraxésima edición, pois, por primeira vez, será o público quen se encargue de premiar a mellor función do ano. Ademais, a XL Mostra de Teatro Galego de Cariño tamén contará con diversas actividades paralelas, entre as que se inclúen obradoiros, charlas coas compañÃas, concertos ou unha xornada de traballo a cargo da asociación profesional de artes escénicas Escena galega.Na presentación do programa estiveron presentes as autoridades do Concello, a deputación da Coruña e a Axencia galega de Industrias Culturais, que representan as entidades que destinan cartos públicos á súa celebracións.