Producións teatrais galegas participan en festivais de Portugal e de Castela e León

O proxecto Nós/Nous fai parte do programa do Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Producións teatrais galegas participan en festivais de Portugal e de Castela e León

As propostas teatrais galegas comezan a súa participación en festivais e programacións foráneas para este verán. Elefante Elegante acudirá co seu Lobo Bobo ao Festival de Teatro para a Infancia e Juventude Fazer a Festa que se desenvolve no Porto entre os días 10 e 19 de xullo. Pola súa banda, Baobab Teatro estará presente na Feira de Teatro de Castela e León que transcorre en Ciudad Rodrigo entre o 25 e o 29 de agosto. A súa montaxe Mai Mai foi escolleita canda a outras 32 para este programa entre preto de 800 solicitudes.

Ao tempo, a programación do Teatro Nacional Dona Maria II de Lisboa prevé para o mes de xuño de 2021 acoller neste escenario o proxecto Nós/Nous, que se desenvolve en colaboración entre este centro, o Célestins-Theatre de Lyon, o Centro Dramático Galego e o Teatro Nacional São João e mais catro escolas superiores de arte dramática, a ENSATT de Lyon, ESAD de Galicia, ESTC de Lisboa e a ESMAE do Porto, coa intención procurar un territorio escénico común.

E desde o pasado 1 de xullo a galega Paula Carballeira está a participar no Torneo de Dramaturxia do Teatro Español, que enfronta oito autoras e autores de todo o Estado en diferentes roldas. As oito pezas participantes, escritas especificamente para o encontro, presentaranse vía streaming e o público poderá votalas en liña.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Castela e León, Portugal, Lisboa...