A 34 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas arrancará o venres 30 de xuño coa estrea absoluta da obra Nacidas libres, unha coprodución da compañÃa de teatro galego Contraproducións coa Mostra Internacional de Teatro de Cangas. Ata o 8 de xullo este veterano e prestixioso encontro ofrecerá case vinte espectáculos teatrais do panorama nacional e internacional. entre os representados en escenarios e os de rúa. Ademais tamén haberá unha exposición e un obradoiro. As dúas compañÃas máis galardoadas nos recentes premios Maria Casares escollen Cangas para as súas estreas xa que o 1 de xullo a compañÃa Chévere presentará en estrea absoluta unha versión revisitada do seu xa mÃtico espectáculo RÃo Bravo coa celebración do seu 30 aniversario. Tamén a Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas ofrecerá a estrea da súa produción Incendios, un drama de Wajdi Mouawad baixo dirección de Casilda Alfaro. Ademais do teatro no Auditorio e a rúa, este ano a Mostra engade un novo espazo para o goce do teatro. Na Capela do Hospital, representaranse 5 espectáculos, entre os que destaca, como estrea absoluta, Agares que buligan gozando ao sol dunha habaneira que non é, unha coprodución do grupo galego Inherente Teatro coa Mostra Internacional de Cangas
Nacidas libres, de Contraproducións conta a historia de catro actrices que, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza. A compañÃa volve optar asà pola fórmula da coprodución cunha das feiras teatrais destacadas di paÃs como xa fixera coa súa galardoada obra O tolleito de Inishman que fixeran co FIOT de Carballo. A figura de Emilia Pardo Bazán será o venres 7 de xullo a protagonista absoluta da Mostra coa estrea en Galicia de Emilia, do Teatro del Barrio. A historia dunha muller que, nas postremeiras do século XIX, empéñase en ser ela mesma..La Extinta Poética, das compañÃas Nueve de Nueve e La Zaranda, é outra das obras que estará na MITCF de Cangas facendo a súa estrea en Galicia. Poderá verse o domingo 2 de xullo. Tamén a compañÃa francesa Teâtré du Mouvement estrea en Galicia, o xoves 6 de xullo, Encore une heure si courte, e a Mostra pechará o programa de sala o sábado 8 de xullo coa estrea para o público galego de La sección. Os valencianos de A tiro hecho traen á MITCF as figuras de Pilar Primo de Rivera, Mercedes Sanz-Bachiller e Carmen Polo (de Franco), e a evolución histórica da Sección Feminina. O vindeiro luns 15 de maio estarán á venda os abonos para asistir a todas as obras programadas no Auditorio Municipal de Cangas
Mulleres en acción
A MITCF vense significando, desde o ano 2000, coas súas xornadas de Mulleres en Acción, polo convencemento de que as artes vivas e a cultura son aliadas imprescindibles para combater a desigualdade de xénero. Na Mostra 34, Mulleres en Acción incluirá a presentación do Observatorio nas Artes Escénicas e no Audiovisual e a xornada Cine Comercial en España: 2010-2015, onde están as mulleres?, a cargo de Asunción Bernárdez Rodal. Tamén se proxectará o documental de Miguel Piñeiro A palabra xusta no que se narra a vida da mestra AntÃa Cal, unha pedagoga adiantada ao seu tempo que perseguiu sempre a excelencia no seu traballo. Unha valente loitadora polos dereitos da muller e fundadora da escola RosalÃa de Castro en Vigo. Será precisamente AntÃa Cal, veciña dende hai anos do Morrazo, a protagonista do peche das xornadas, cando o 8 de xullo reciba o Premio Mulleres en Acción desta 34 edición. Un feixe de actividades paralelas e o Taller de Interpretación para profesionais impartido por VÃctor Duplá completan o intenso programa de actividades da MITCF.