Cartel internacional para a 29ª Mostra de Teatro Cómico de Cangas

A mostra celébrase do 30 de xuño ao 7 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Espectáculo da anterior edición. Foto: Mostra de Teatro de Cangas

Espectáculo da anterior edición. Foto: Mostra de Teatro de Cangas

A 29ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas inaugúrase o sábado 30 e ata o 7 de xullo encherá Cangas de representacións humorísticas, teatro de rúa e de interior. Compañías galegas, catalanas, vascas, madrileñas, australianas, ucranianas ou portuguesas concorren con espectáculos de sala a esta edición. A maiores, en colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia, organízanse obradoiros profesionais sobre a Escrita, con Santiago Cortegoso, e sobre Dramaturxias e novas linguaxes escénicas, por Afonso Becerra de Becerreá.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cangas, Afonso Becerra, Santiago Cortegoso...