Avelina Pérez gaña o I Torneo de Dramaturxia de Galicia

Celebrouse no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Avelina Pérez gaña o I Torneo de Dramaturxia de Galicia

A Salasón de Cangas acolleu na noite deste martes a celebración do I Torneo de Dramaturxia de Galicia, unha iniciativa que se integra na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas en colaboración con Dramaturga, Asociación Galega de Dramaturxia. A iniciativa reuniu textos de seis autores teatrais que foron lidos de xeito dramatizado por actores e actrices. O público foi o responsable de seleccionar o preferido. Con Esther F. Carrodeguas como mestra de cerimonias, competiron no evento creacións de Noelia Toledano, AveLina Pérez, Afonso Becerra de Becerreá, Roi Vidal Ponte, Carlos Labraña e Julio Fernández. Finalmente foi Avelina Pérez a que se impuxo co texto Os arroaces son animais sucios e desesperados. A obra é un diálogo entre unha muller soa e un robot de compañía con quen se dispón a compartir unha velada romántica.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Avelina Pérez, Cangas, Teatro, Carlos Labraña...