Roberto Salgueiro gaña o IVº Torneo de Dramaturxia de Galicia

O texto 'Jessi and Johnny' dramatizado polas actrices María Costas e Lara Álvarez alzouse co favor do público en Cangas

O texto 'Jessi and Johnny' dramatizado polas actrices María Costas e Lara Álvarez alzouse co favor do público en Cangas
Roberto Salgueiro Foto: MITCFC / Prolight Foto Estudio
No marco da XXXVIIª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, a Sala de exposicións do Auditorio municipal acolleu a cuarta edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia, unha actividade que se consolida como unha aposta firme da Mostra para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre  autoras/es e público. A competición conta coa colaboración de DramaturGA, a asociación profesional da dramaturxia galega e este ano, ademais, este combate contou co apoio e a colaboración do Centro Dramático Galego (CDG). Roberto Salgueiro foi o gañador este ano co texto titulado Jessi and Johnny. As actrices María Costas e Lara Álvarez foron as encargadas de poñerlle voz ao escrito. Os outros textos que participaron no torneo deste Ivº Torneo foro Gourmet, de Fernando Castro Paredes, coa dramatización de Sonia Rúa e Mundo Villalustre; Wija, de María Lado, interpretado por Daniela Rodas e Teté García; e Tínder, da dramaturga Marta Pérez, coa interpretación dos actores Xurxo Cortázar e Arantxa Treus. Esther F. Carredeguas, dramaturga, escritora, actriz e directora teatral, foi a mestra de cerimonias desta nova edición do Torneo. Ela foi a encarregada de presentar a competición verbal na que os catro dramaturgos se bateron na procura do voto do público. Ademais tras do concurso presentaronse as tres publicacións de Edicións Positivas que recollen todos os textos das anteriores edicións do Torneo de Dramaturxia de Galicia dos anos 2017, 2018 e 2019.

Ligazóns