Gustavo del Río impúxose no VIII Torneo de Dramaturxia de Galicia

O encontro celébrase no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Gustavo del Río a recoller o galardón do VIII Torneo de Dramaturxia. Fonte: Mostra de Teatro de Cangas

Gustavo del Río a recoller o galardón do VIII Torneo de Dramaturxia. Fonte: Mostra de Teatro de Cangas

O Auditorio de Cangas acolleu na noite deste 2 de xullo a oitava edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia. Esta competición, que fai parte do programa da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, enfronta catro textos defendidos por diferentes profesionais da interpretación mediante lecturas dramatizadas nun ring.

Nesta xeira, o público asistente seleccionou PEC, de Gustavo del Río, como obra gañadora da velada. Director de escena, dramaturgo e docente teatral, Del Río leva máis de vinte anos de carreira nas artes escénicas e é na actualidade director de Os Náufragos teatro.

O autor competía no encontro con Quen ten a coroa? de Borja Fernández, Macrobiota fecal de Cris Balboa e #vinganzadoanxo de Teresa González Costa. Deborah Vukusic actuou como mestra de cerimonias deste combate. DramaturGa, a asociación de dramaturxia de Galicia, colabora anualmente na organización da actividade.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Teatro, Teresa González Costa, Artes Escénicas...