
Completan o panorama galego 'As gardiás ou o nó do tecelán', en homenaxe ao que foi o seu tradutor do francés ao galego e un dos fundadores da Mostra de Cangas, o recentemente falecido Henrique Harguindey; e dentro do 25º aniversario do proxecto Mulleres en Acción, dedicado nesta edición ás pandereteiras e cantareiras homenaxeadas no DÃa das Letras, prográmanse 'As fillas bravas de Momán', de Chévere, e a proposta musical, performativa e audiovisual Ósmose, de Mercedes Peón. Tamén se estrean en Galicia 'La reina brava', o último traballo da compañÃa andaluza Las Niñas de Cádiz; 'Barbados en 2022', espectáculo da madrileña Kamikaze, escrito e dirixido por Pablo Remón; 'Julio César', éxito internacional da portuguesa Companhia do Chapitô; 'Todos los ángeles alzaron el vuelo', de La Zaranda, e como parte de Mulleres en Acción, preséntase por primeira vez en Galicia a performance colectiva 'Se nota, se siente, el beige es incluyente', pilotada por Miss Beige, o alter ego da actriz e performer Ana Esmith. O público poderá gozar tamén do multipremiado espectáculo de teatro fÃsico Lubbert, do artista catalán Inda Pereda.
O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.