
Cadaval tamén actuará nesta edición da Mostra co espectáculo Vacas, Guerras, Porcos e Cregos, da compañÃa Producións Excéntricas, que actualmente dirixe e da que tamén se programa na XXXVI MITCFC a obra Carpe Diem. Dentro da parte formativa que sempre hai no programa da MITCFC directoras de Teatro en Vilo, Andrea Jiménez, Noemà RodrÃguez, impartirán un obradoiro sobre A dramaturxia actoral e os procesos de creacion colectiva na Casa de Cultura de Cangas, entre os dÃas 3 e 5 de xullo. A Mostra chegará ao seu fin, o sábado 6 de xullo, coa obra de coprodución angloespañola Generación Why, de Teatro en Vilo, compañÃa que en 2016 recibiu o Premio do Público da Mostra de Cangas coa representación de “Interrupted”, o seu primeiro espectáculo.
Catro contendentes competiran no Torneo de dramaturxia
O Torneo de Dramaturxia de Galicia consolÃdase como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa dramaturxia, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto, pioneiro en Galicia e que este año chega á súa terceira edición, conta coa imprescindible colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega. No III Torneo de Dramaturxia, haberá unha mestra de cerimonias única, nesta edición Esther F. Carrodeguas, que presentará este furioso combate no que catro recoñecidas dramaturGAS e dramaturGOS de Galicia se baterán na procura do voto do público. O público asistirá a catro lecturas dramatizadas, interpretadas por actrices e actores profesionais de recoñecido prestixio, e será o propio público quen vote os textos que máis lles teñan gustado para que, de entre as catro pezas participantes, resulte unha soa a gañadora. Carmen Conde, Ana Carreira, Fran Godón e Zé Paredes serán os intérpretes, que estarán acompañados polo pianista Velpister.