Esta semana a danza adquire especial relevancia nas axendas das cidades de Santiago e A Coruña. Mentres na capital ven de comezar o festival herDanza que terá lugar ata o dÃa 16, na Coruña retómase a programación anual do TRC Danza tras o parón veraniego. As compañÃas compostelás Can Cun Quinqué, Cisma e La Incidente DT poñen en marcha a segunda edición do festival herDanza, de danza contemporánea, coa colaboración do Concello de Santiago, a USC e o Museo do Pobo Galego, e na que contan co apoio doutros axentes culturais da cidade, como Numax e a SaLa Montiel asà como con patrocinios privados. Do 11 ao 16 de setembro herDanza ofrece obradoiros formativos, proxeccións, residencias creativas, conversas con profesionais e espectáculos de pequeno e mediano formato en claustros, rúas e espazos abertos da cidade.
Afondar na conexión da danza con outras disciplinas artÃsticas e reflexionar sobre a súa repercusión social é, segundo Isabel Sánchez, bailarina coreógrafa e co-directora de herDanza, o obxectivo ao que se dirixen as actividades paralelas deste ano. Amais das conversas con profesionais do sector, xa presentes na primeira edición do festival, inclúense proxeccións audiovisuais. A programación espállase por diferentes espazos da cidade como as prazas Salvador Parga e Mazarelos, o claustro da Facultade de XeografÃa e Historia ou Museo do Pobo. Seis espectáculos abertos ao público ofrécense nesta segunda edición do herDanza, que culminan na representación de Imprevisibles, unha improvisación colectiva con música en directo na que participan creadores e intérpretes coñecidos na escena galega de danza como Leodán RodrÃguez, Isabel Sánchez, Paula Quintas, Xiana Vilas, Mónica de Nut ou Luis Martins. Hoxe ás 20:30 horas, comezan as sesións de conversa. De balde e con sede na SaLa Montiel, na primeira delas, o director e produtor Damián Varela e o bailarÃn e coreógrafo Diego Buceta conversan sobre o proxecto NIDO – Rizoma 2016, de Sharon Fridman.
O teatro RosalÃa de Castro da Coruña retomará esta semana, o vindeiro dÃa 16, as actuacións inseridas na súa programación especÃfica TRC Danza, do Concello da Coruña. O espectáculo Hollywood, de Andrea Quintana e Alberto Cortés, será o que abra esta xeira do ciclo que propón sete actuacións ata o 16 de decembro e polo que pasarán EstefanÃa Benages, BD Dansa SCP, Sra.Polarioska, Eulalia Ayguadé, Dantzaz El Kartea e Mal Pelo, que rematará o ciclo o 16 de decembro coa obra El quinto invierno . En Hollywood póñense sobre o escenario dous actores que dobran unha escena de cinema na que morreu alguén, en realidade unha escusa para que Alberto e Andrea poidan reflexionar sobre conceptos como o triunfo/fracaso.