Can Cun Quinqué estrea Spotlight en Santiago de Compostela

O Teatro Principal acolle este espectáculo de danza contemporánea o 5 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Can Cun Quinqué estrea Spotlight en Santiago de Compostela

Logo dun proceso de investigación e residencias artísticas, o colectivo Can Cun Quinqué estrea este 5 de marzo Spotlight. O Teatro Principal de Santiago acolle ás 20:30 horas a presentación deste espectáculo de danza contemporánea que dirixen Isabel Sánchez Temprano e Leodán Rodríguez Casas baixo a epígrafe "A adrenalina ante o descoñecido esperta os impulsos de alerta máis primitivos en nós". Logo da función desenvolverase un encontro co público.

Clara Ferrao, Ignacio García, Isabel Sánchez, Leodán Rodríguez poñen sobre as táboas unha montaxe que se desenvolver nun espazo "inhóspito, onde nos sentimos sós e observados. Quen está alén, non estamos sós, acompaña aos intérpretes constantemente. Un feixe de luz que esperta neles a dúbida". Precisamente o traballo coa luz adquire un grande peso nesta proposta, que se desenvolveu mediante residencias artísticas na Estrada e en Compostela.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Danza, Teatro, Teatro Principal de Santiago de Compostela