A Deputación da Coruña pon en marcha este venres a segunda edición do proxecto ESCORA que, durante as dúas primeiras fins de semana de xuño, achegará a danza contemporánea aos concellos de Carnota, Mazaricos, Ponteceso, Camariñas e Carballo. Ao igual que na anterior edición, ESCORA permitirá que a veciñanza da Costa da Morte poida gozar do traballo de varias compañÃas galegas de danza contemporánea en espazos públicos, mais nesta segunda edición o programa de actuacións compleméntase cun traballo de mediación con diferentes colectivos e asociacións locais que xa leva realizándose ao longo dos últimos meses e que permitirá que centros de ensino, entidades locais e asociacións formen parte do programa de actividades. Os espectáculos correrán a cargo das compañÃas e artistas La Macana, Pisando Ovos, Paula Quintas, CÃa. Exire, La Guajira, Furia Sotelo e Daniel RodrÃguez. O programa de actuacións por parte de compañÃas profesionais comezará en Carnota o venres 9 de xuño, continuará o sábado 10 en Mazaricos, o venres 16 en Ponteceso, o sábado 17 en Camelle, Camariñas, e rematará o domingo 18 en Carballo.