O programa Escora achega a danza á Costa da Morte

A Deputación da Coruña promove o ciclo en seis concellos da comarca entre o 22 e o 24 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O programa Escora achega a danza á Costa da Morte

A coincidir coa celebración do Día da Danza, a Deputación da Coruña promove a primeira edición de Escora, un programa que achega as artes coreográficas a seis concellos da Costa da Morte entre os días 22 e 24 de abril.

A iniciativa, que pretende ser "un punto de encontro para as artes escénicas, a danza, a paisaxe, o patrimonio, a lingua e a comunidade" que busca "visibilizar o traballo artístico das compañías de danza galegas, con accións de proximidade que presentan unha oportunidade de achegar a danza a espazos pouco habituais para esta disciplina artística".

Escora contará coas actuacións de Clara Ferrao, Colectivo Glovo, Elahood, Eva Comesaña, Kirenida Danza e Marcia Vázquez aos concellos de Fisterra, Muxía, Laxe, Camariñas, Malpica de Bergantiños e A Laracha (Caión).

Dentro do programa poderá verse a estrea do espectáculo Alleo do Colectivo Glovo, con dúas actuacións o día 24 en Caión (ás 12 horas) e en Malpica (ás 18:30). Canda a esta proposta poderá verse a galardoada peza Intempestiva, da compañía Elahood sobre Xela Arias e E_migrantas de Kirenia Danza, "un retrato da emigración da última diáspora galega respectivamente".

O solos de danza Onde pousa a humidade de Marcia Vázquez, Miña Xoia de Clara Ferrao e Terra Firme de Eva Comesaña, completan o programa. Despois de cada actuación desenvolveranse encontros co público coa mediación de Marcia Vázquez e Sabela Ramos.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Morte, Costa da Morte, Deputación da Coruña...