La Macana estrea na Coruña Pink Unicorns

A nova peza de danza puido verse xa en Alemaña e fai parte do ciclo TRC Danza

19/10/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Danza

Logo de visitar os escenarios alemáns de Pumpenhaus de Münster e do Theater Bremen, La Macana estrea na Coruña a súa última produción. Pink Unicorns aborda as relacións interxeracionais ao pór en escena un pai co seu fillo adolescente nun espectáculo realizado con Samir Akika, coreógrafo francés establecido en Alemaña. A proposta é unha das tres coproducións que abordou neste ano o Centro Coreográfico Galego e estréase o vindeiro 20 de outubro no seo do ciclo TRC Danza no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións
Compartir:

A función irá acompañada de dúas sesións de inmersión artística para familias os días 19 de outubro e 9 de novembro. Esta será unha práctica aberta para promover o diálogo entre familias arredor de diferentes creacións contemporáneas.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, A Coruña, Rosalía de Castro, Teatro...