Os espectáculos Pink Unicorns, de La Macana; Directo 9, de Pisando Ovos; e Corps Sonore, de SóLODOS, foron os escolleitos para o programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego para a temporada 2017-2018. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asinaba onte coas compañÃas os contratos polos que se investirá un total de 51.244 euros no desenvolvemento dos tres proxectos, que poderán verse sobre as táboas a partir de mediados de 2018. Segundo adianta o web do Centro Coreográfico Galego, as tres propostas "sitúanse no ámbito da danza contemporánea e na exploración de novas linguaxes escénicas desde diferentes puntos de partida e perspectivas".