SólODOS estreará en Ourense 'Corps Sonore'

A peza de danza contemporánea está coproducida polo Centro Coreográfico Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: DanzaPolíticas Culturais
Compartir:
SólODOS estreará en Ourense 'Corps Sonore'

A compañía de danza SólODOS estreará o vindeiro 1 de xuño no parque Botánico Montealegre de Ourense a súa produción Corps Sonore, unha obra concibida dentro da corrente artística Land Art da danza contemporánea pola compañía de Maruxa Salas e Erick Jiménez. Este novo espectáculo que se representará neste espazo durante tres días seguidos está coproducido polo Centro Coreográfico Galego dentro do programa de coproducións 2017-2018 da unidade de danza da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Corps Sonore utilizará o espazo escénico como metáfora do contexto (lugares urbanos, rurais...) para interactuar co medio de forma directa. A creación da peza xurde, así, do diálogo dos artistas coa contorna, dando pé a unha conversa en múltiples direccións entre a paisaxe, a arquitectura, a música e a danza. A interpretación corre a cargo de Will Menter, François Merville, Jane Norbury e o propio Erick Jiménez que tamén fai a dirección artística. A Association Neuf Portes tamén fai parte da produción do espectáculo.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Ourense, Centro Coreográfico Galego, Espectáculo...