Malia que o nomeamento do futuro director/directora do Centro Coreográfico Galego non chegará ata o primeiro trimestre do ano, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de facer un adianto do que será a produción do ano desta unidade de produción de danza. Na primavera estreará un espectáculo inspirado no Camiño de Santiago e que contará con danza, música en directo e contidos audiovisuais, “baixo a dirección artÃstica de creadores galegos”, segundo explica unha nota de prensa de Agadic. Na actividade do ano, o Centro Coreográfico coproducirá dúas pezas máis, desenvolverá a titorÃa de oito proxectos de deseño e investigación coreográfica dentro do programa de artistas residentes.