Oito bailarÃns profesionais, musica en directo e a participación de nenos das escolas de danza do paÃs. Estes son os ingredientes da vindeira produción que prepara o Centro Coreográfico Galego e que se estreará o 22 de decembro en VilagarcÃa. Trátase dun clásico do ballet ambientado no Nadal, polo que esta unidade de produción de danza dependente de Agadic, representará a súa segunda produción propia da temporada nestas datas. Esta aposta contará coa implicación de diferentes formacións orquestrais como son a Sinfónica de Galicia ou a Filharmónica de Pontevedra. Narón (27 de decembro), Pontevedra (28 e 29 de decembro), Coruña (4-9 de febreiro), Lugo (4 de xaneiro) e Vigo (17 de xaneiro) son algúns dos escenarios confirmados desta cita.
Unha das particularidades da montaxe que ultima o Centro Coreográfico Galego, da man de Mercedes Suárez, é a implicación dos nenos e nenas que estudan danza nos diferentes centros de ensino. Hai preto dun ano realizaron audicións para seleccionar aos pÃcaros implicados no proxecto que está a ultimar as actuacións. Hai outro factor que destaca na complexidade deste espectáculo, que é o feito de que as funcións contarán con música en directo, que non será a cargo dunha única formación orquestral, senón que son varias as que están implicadas no proxecto.
Composto por Tchaikovski, o Crebanocesconta as aventuras de Clara Stalbaum, unha nena burguesa que esperta a noite de Nadal na súa casa e atopa unha batalla entre o crebanoces, con forma de soldadiño de chumbo que lle regalara o seu padriño, contra o malvado Rei dos Ratos.